COMENTARIO DE
"O PAI DE MIGUELIÑO"
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.
De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
Aquel si que era o pai de Migueliño.
Do libro de "Cousas" de Castelao
RESUMO: O relato trata dun fillo e unha nai que van buscar ó seu pai que chega das Américas, e o que pensa o rapaz e as súas ilusións rotas.
FORMA e ESTILO: O relato está escrito nun estilo doado de entender, como se fose falado en vez de escrito. O galego non é o normativo, posto que non existía a normativa daquela, e as expresións son coloquiais e resulta fácil de ler; isto vai en consonancia coa filosofía de "Cousas" e de Castelao que non é rebuscado ou complicado coma Risco e Pedrayo da súa xeración, e está máis en relación co pobo e a xente humilde que é da quen fala en "Cousas".As oracións adoitar ser ou simples ou coordinadas, e difícil atopar unha subordinada, pero non por isto é unha linguaxe descoidada.
ESTRUCTURA:
1ª parte: En casa de Migueliño onde se nos introduce na historia cunha cantas pinceladas como o debuxo que figura no encabezamento do relato, que aparece o fillo mirando o cadro do seu pai para lembrar como era. Isto introdúcenos ó primeiro tema do relato, que é a emigración. Hai tanto tempo que o pai tivo que marchar, que o fillo non o coñece: aínda que el tiña unha imaxe do seu pai que "…sabía cos ollos pechados cómo era…", esta imaxe non era real, xa que tivo que botar "… unha ollada ó retrato".
Esto aparece reforzado na 2ª parte: No peirao, onde o rapaz espera que o seu pai sexa un deses triunfadores que chegaban das Américas. Tiña unha idea del, que mesmo un destes trunfadores ricos se parecía ó do retrato, "… ou aínda mellor portado,…". Logo aparece outro que só por levar un bo traxe, xa cría que era o seu pai. E "…así moitos pais que non o eran…". As ilusións do rapaz van crecendo ata ir perdendo as ilusións.
É na 3ª parte, onde o rapaz cambia a ilusión pola "anguria". Cando o pai que de súpeto ve que abraza a súa nai, resultou ser un pobre home doente "Era un home que non se parecía ó retrato…"
O ESPACIO e O TEMPO
Está unida á estructura. Por unha banda hai un espacio explícito que fai referencia ó camiño do rapaz e a nai.
Casa-- Peirao
O paso da casa ó peirao non aparece no relato, xa que con certas pinceladas típica dos relatos, presupoñemos o nerviosismo da nai e do fillo nese traxecto ante a chegada do pai.
E por outra banda hai un espacio que ten que ver co tema: a emigración, que é a viaxe que fai o pai.
América – Galicia .
Este traxecto é o tema do conto, e debeu ser angurioso polos pensamentos do pai que non levaba nada de volta.
O tempo da narración esta en pasado, xa que predomina o Pto. Perfecto: "estaba…, batíalle…., esculcaba….."
O tempo da historia poderíamolo encadrar nos comezos de século XX, onde a emigración estaba a ser unhas das principais causas so abandono de Galicia.
O desenvolvemento da acción é moi breve: Da casa ó peirao e a espera na que chega o pai.
TEMAS:
O tema principal é a emigración pero na súa parte negativa, a que fai volver ó pai a Galicia sen ningún diñeiro. Pero aparecen outros temas como a ilusión dun rapaz, a separación pai-fillo, a emigración positiva e a negativa reflectida nos "americanos", o amor da muller, a penuria do ser humano.
CONCLUSIÓN:
O relato está moi ben escrito: con unha cantas pinceladas Castelao danos a coñecer o drama dunha época e a psicoloxía dos personaxes.
O relato lévanos á unha Galicia de hai un século, pero con parecidos problemas ós de hoxe:
- a emigración, aínda que hoxe sexa a outro países ou cidades españolas, para buscar traballo.
- a pobreza da xente de campo, e a penuria da xente humilde.
Romualdo era un home “fino”
Romualdo era un home “fino”. Polas súas maneiras xeitosas conqueriu creto de home ben enseñado, anque as súas cortesías co chapeu na man non tiñan certamente o cuño da fidalguía enxebre. A Romualdo, tan mixiriqueiro, tan fricoleiro, non lle acaía un oficio de traballo, e dispois de chorarse moito logrou meter cabeza no xuzgado municipal, onde viveu esborranchando papel, deica o día do seu pasamento. Romualdo ademais de escribente era un gran catador de viño, calidade que lle deixara o seu pai en herdo.
No beber era como no escribir: moitos groliños de viño enviados de xeito melindroso, letriña miúda con rabiños enribirichados. Tan “fino” no xuzgado coma na taberna. Romualdo emborrachábase moitas veces; pero endexamais esgallou as pernas. Canto máis viño levase a bordo máis cortesías facía.
Unha vez Romualdo pasou a noite toda de parranda e no intre de chegar á súa casa topouse cuns amigos. Era domino.
— Anda, Romualdo, vente conosco, que imos xantar unha empanada.
— Ben; pero agardai un anaquiño que vou dicirllo á miña muller.
E Romualdo entrou deseguida na súa casa. Os amigos sentiro un gran estrondo e dispois unhas verbas adoecidas. ¡Lacazán! ¡Borrachón! ¡Pelexo! A muller de Romualdo mallaba no home coma quen malla nun fol vello. ¡Plim, plam! ¡Plim, plam!
Romualdo apareceu amañando a roupa, e con cara de ledicia finxida díxolle ós seus amigos:
— Ímonos xa, que non está ninguén na casa.
Cousas de Castelao
Recompilación dos contos de Castelao publicados baixo o nome de "Cousas"
O bruxo da montaña
O
bruxo da montaña sabe moitas andrómenas para sanda-las almas feridas.
Adiviña canto está por acontecer, se máis que perguntarllo á “peneira de
san Cibrán”, e sempre ten unha feiticería axeitada para cada mágoa.
¡Ouh, o bruxo da montaña sabe máis da conta!
Un día é unha rapaza que se mirra de amor e o bruxo inquire da peneira.
— Peneira que peneiras o pan da cristiandade: se Fulano puxo o seu pensamento nesta rapaza vírate para alí.
Moitas veces a peneira vírase para acolá e a coitada sinte as angurias da morte; mais o bruxo, doído de tanto amor como choran o ollos da namorada, asegúralle que o Fulano tornarase cego para tódalas mulleres e non ollará máis que a súa bonitura. E deseguida comenza o enfeitizamento. Seguir lendo
O señor Antón

señor Antón vivía cando meu avó era mozo. O señor Antón foi un pintor
de moita sona, e da súa artesanía quedaron probas a barullo. O señor
Antón pintaba todo con lindas coores, tapando madeiras e pedras coma se
as vestise con traxes de festa. O señor Antón coidaba que tódalas cousas
estaban encoiradas cando non estaban pintadas, e pouco a pouco foi
pintando todo, todo… convertindo a pedra en madeira e a madeira en
pedra, para que as xentes pasmasen. ¿Pensas que é pedra? Pois non,
señor, que é madeira. ¿Pensas que é madeira? Pois non, señor, que é
pedra. e velaí o engado artístico do señor Antón.
As súas mellores obras son uns gardaciviles recortados en táboas que hai no moimento de Semán Santa e un cadro de almiñas que ten o tumbo dos difuntos, onde din que puxo a o vello abade pintiparado; pero o señor Antón vivía de facer retratos. Seguir lendo

Ese rapaz saído das miñas lembranzas
Ese
rapaz saído das miñas lembranzas de neno foi un compañeiro da escola,
gran enemigo de gatos e capitán arriscado de tódolos rillotes. Eu non
podo esquecer como se ría estoupando a pedradas os ventres inflados dos
cans mortos.
Unha vez o noso destemido compañeiro levounos diante da chouza dunha mendicante e díxonos moi afouto:
— Ides ver que risa. Seguir lendo
Unha vez o noso destemido compañeiro levounos diante da chouza dunha mendicante e díxonos moi afouto:
— Ides ver que risa. Seguir lendo
Dende a fiestra da torre
Dende
a fiestra da torre a condesiña ten os seus ollos chorosos enfiados na
derradeira revolta do camiño, por onde un día fuxeu a súa ledicia de
namorada. Co verme dos ciumes rillándolle o corazón, a condesiña vai
morrendo pouquiño a pouco na fiestra da torre.
E pasan días e meses e anos, esculcando no camiño a volta do seu amor. E nun serán de pensamentos velaíños, relembrando aquel bico que se deron a furto, a condesiña belida morreuse de amor.
Velaía como contan as xentes a morte da namorada. Seguir lendo

Doña Florinda
Doña
Florinda casouse con Fungueiriño e viveu lúa tras lúa en espera dun
fillo que non chegou. Laiándose da súa cativa sorte, doña Florinda
pasaba as horas mortas na solaina escoitando o chouqueleo triste das
galiñas poñedoras. Fungueiriño era xogador e morreu do corazón,
deixándolle á probe fidalga os anceios fanados de acariñar un fillo.
O loito sentáballe ben a doña Florinda e a carne branca dos seus brazos chamou polas olladas a furto de don Roque. A boa fidalga soupo despertar un amor serodio no peito do solteirón e logrou casarse de segundas. E dispois de casada remenceulle novamente o degoro de ser nai, e aínda viveu, lúa tras lúa, en espera dun fillo que non chegou. Don Roque foise do mundo e doña Florinda quedouse soia diante dos seus anceios fanados. Seguir lendo

Esta morea de pedras e tellas
Esta
morea de pedras e tellas, de latas tomadas e táboas podres, que semella
un cortello abatido, foi o tobo en que viveu moitos anos a vella
Fanchuca.
Esta figueira de ponlas ensarilladas foi o amparo da vivenda. Os figos ninguén degoraba comelos porque sabían a miseria. Seguir lendo
Esta figueira de ponlas ensarilladas foi o amparo da vivenda. Os figos ninguén degoraba comelos porque sabían a miseria. Seguir lendo
Amigo meu
Amigo
meu: Eu era cismador e pensatibre a quen a morte gadaña axexaba cos
dentes arregañados. No intre de pecha-los ollos para me durmire, un
dediño de óso, ou máis ben de marfil, petaba levián na miña testa e o
medo facía esplosión en min. Tódalas noites.
Eu morríame do corazón e os médicos non me decían a verdade porque cicais o meu mal non tiña cura. Visitei un e outro e outro máis, e todos me dixeron o mesmo: “Non ten nada”. Pero eu sentía o meu corazón debaterse na súa gaiola, coma un paxaro entolecido, e somentes cando eu ficaba quediño, sen bulir nin chisco, durmía o paxaro do meu peito. Seguir lendo
Don Froitoso

Don
Froitoso non vai polos camiños que levan á verdade, porque sospeita que
a verdade ten semellanzas coa morte. Desque os homes do seu tempo foron
acedándose pola esperencia, don Froitosos viroulles as costas e fíxose
compañeiro dos mozos. Un gran optimista. O día que as súas pernas xa non
rexan co seu corpo, chamará nas portas dos médicos, e cando fique
varado nos cobertores, aínda agardará por un miragre a cencia. Todo
menos facerse cargo da súa vellez. Seguir lendo
Era un neniño de manteiga
Era un neniño de manteiga, bonito coma un caravel. Ningunha señora podía ollalo sen bicalo.
Vistidiño coma un príncipe de lenda, tiña un ollar tristeiro de neno medrado en sedas e bicos.
Os seus traxes primorosos facían do neno un monequiño para bicar con degaro.
O seu traxe de antroido custaba dous meses de traballo, e a súa nai revíase de ledicia.
Porque á súa beira tódolos nenos daban mágoa, vistidiños con traxes cativos.
E a fermosura do neno foi a súa desgracia. Seguir lendo

O fillo de Rosendo
O
fillo de Rosendo andaba aboiado polas rúas amostrando a súa faciana
albeira de mozo malmantido. As letras que deprendera non eran dabando
para vivir do traballo da testa e o señoría conquerido non lle deixaba
vivir do traballo das mans. Botara tres anos de bachillerato e xan non
podía traballar… E a forza de “pitillos” regalados foi matando a cobiza
de outras regalías da mocedade.
O fillo de Rosendo xungueose a unha muller, vella, gorda e rica, porque diante de si non aviscaba máis que o pan da esclavitude. ¡Gran desgracia! Porque hai algo peor que traballar para non morrer de fame i é casarse para poder comer tódolos días. Seguir lendo

COMENTARIO AO TEXTO DE CASTELAO A MARQUESIÑA.
ResponderEliminar-Resumo ou contido: Fala dunha nena pequena moi pobre. A súa nai traballa na casa dos Marqueses e por iso a chaman Marquesiña.
-Estilo e forma:O relato está escrito nun estilo doado de entender con expresiòns coloquiais.
-Estructura: E un texto en prosa aínda que aparece unha estructura paralelística máis propia da poesía.
-Tema : A desigualdade social.
-Conclusión: As apariencias engañan.
Na noite da derradeira novena de difuntos.
-Resumo ou contido:Fala dunha criada que e unha nena pequena que non teña pai nin nai nin por quen chorar.
-Estilo e forma: Orelato esta éscrito nun texto literario un pouco cumplicado de entender.
-Estructura: Orelato empeza nun entiero.
-Tema e espazo: A tristeza e o espazo cementerio.
-Tema: A soidade.
-Conclusiòn: Apor non ter nadie non ten expectativas na vida.
I.wahmid
Resumo ou contido: Fala dunha nena pequena moi pobre. A súa nai traballa na casa dos Marqueses e por iso a chaman Marquesiña.
ResponderEliminar-Estilo e forma:O relato está escrito nun estilo doado de entender con expresións coloquiais xa que non avía aínda un galego normativo
-Estrutura: E un texto en prosa aínda que aparece unha estrutura paralelística máis propia da poesía.
-Tema : A desigualdade social.
-Conclusión:Non todo é o que parece.
Na noite da derradeira novena de defuntos.
-Resumo ou contido:Fala dunha criada que e unha nena pequena que non teña pai nin nai nin por quen chorar na noite de defuntos.
-Estilo e forma: O relato esta escrito nun texto literario pouco complicado de entender.
-Estrutura: O relato empeza nun enterro.
-Tema e espazo: A tristeza e o espazo cementerio.
-Tema: A soidade.
-Conclusión: O dura que pode chegar a ser a vida.
Alex Pérez Castro :)